A nova Ameaza de Damien

0
224

O actor de Merlin Bradley James ven de se facer co papel protagonista de Damien, a série de televisión que servirá para relanzar a clásica franquía de terror The Omen.

Shekhar Kapur (Elizabeth) será a directora e produtora executiva do primeiro episódio, que esencialmente ignorará as anteriores secuelas. Nesta versión, Damien Thorn (James) xa medrou, está obsesionado co seu pasado e deberá aceptar o seu destino, o de ser o Anticristo, o ser mais temido de todos os tempos.

A Fox TV Studios producirá esta série de seis episódios que ten previsto emitir-se ao longo de 2015. Glen Mazzara escribiu o guión e tamén será produtor executivo.