Preacher terá episódio piloto

0
311

A canle de televisión AMC ven de lle dar luz verde oficialmente á produción dun episódio piloto no que Seth Rogen e Evan Goldberg adaptarán á pequena pantalla do aclamado cómic Preacher.

Sam Catlin escribirá a adaptación e ademais será o showrunner desta série que producirá a Sony Pictures Television e mais a AMC Studios. Rogen e Goldberg serán os produtores executivos.

A história vai sobre un predicador vagamundo de Texas que foi posuído por Genesis, unha entidade sobrenatural que é filla dun demo e mais dun anxo.

Dotado agora con inmensos poderes, o predicador alía-se cunha vella ex-moza e mais un vampiro irlandés bébedo e xuntos deciden iniciar unha viaxe por toda América para atoparen a Deus, quen hai tempo que abandonou as súas obrigas no Ceo e está a pasa-lo ben pola Terra.

Durante algún tempo considerou-se a posibilidade de facer unha série directamente, pero polo de agora o único aprobado é un episódio piloto, que se rodará no verán coa ideia de se emitir en 2016.

COMPARTIR
Artigo anteriorA nova Ameaza de Damien
Seguinte artigoGhostgirl