Xa hai reparto para Suicide Squad

0
292

A Warner Brothers Pictures anunciou oficialmente o reparto do seu filme Suicide Squad e confirmou que persoaxes aparecerán e quen serán os actores que os interpreten.

Ainda que non hai grandes sorpresas respeito aos persoaxes que se rumoreaban, a grande nova é que Will Smith estará a bordo do filme facendo o papel do asasino Deadshot, quitándo-lle o papel ao actor australián Jai Courtney, quen deberá confirmar-se con ser (mais axeitadamente) Boomerang.

Ademais estarán Tom Hardy coma o líder da equipa, Rick Flagg, Margot Robbie coma a amante do Joker Harley Quinn, Cara Delevingne no papel da feiticeira Enchantress e Jared Leto no papel do Joker.

Mália os rumores iniciais, Jesse Eisenberg non estará no reparto, pero non se descarta que poida ter unha breve aparición para adaptar este filme ao universo DC que está a construír a Warners.

Ainda non se deu a coñecer quen será Amanda Waller, a directora da equipa. Os rumores polo de agora apuntan a várias posibilidades, dende Oprah Winfrey a Viola Davis ou Octavia Spencer.

David Ayer será o guionista e director, e a rodaxe escomezará no mes de abril en Toronto (Canadá).