En marcha a secuela de Source Code

0
285

A cinematógrafa habitual de Roland Emmerich, Anna J. Foerster, será a directora da secuela de Source Code, o thriller de ciéncia-ficción que Duncan Jones dirixiu en 2011 para a The Mark Gordon Company e mais a Vendome Pictures.

O guionista da primeira entrega, Ben Ripley, regresará para se encargar da continuación. Jake Gyllenhaal, Vera Farmiga, Michelle Monaghan e Jeffrey Wright foron os protagonistas daquel filme, pero polo de agora non hai ningún actor vencellado para a segunda parte.

O filme de 2011 ía sobre un home que debe repetir unha e outra vez os derradeiros oito minutos da súa vida no corpo doutro home, un pasaxeiro dun tren que explotou. Mentres vai repetindo unha e outra vez as mesmas escenas, vai tentando distintas estratéxias para determinar cal foi a causa do estourido e deter un ataque terrorista a grande escala.