Dous Axentes Carter millor ca ún

1113

Agent CarterA Marvel Entertainment e mais a ABC confirmaron que lle van dar un empurrón á série Agent Carter para que o segundo episódio sexa emitido inmediatamente despois do primeiro, o vindeiro 6 de xaneiro, cun total de dúas horas. Hayley Atwell repite o seu papel de Peggy Carter, a axente de S.H.I.E.L.D. que xa fixera en Captain America: The First Avenger, e que é marxinada unha vez remata a Segunda Guerra Mundial e o Capitán América desaparece.