Toho Studios, a compañía xaponesa que creou ao monstro Godzilla e produciu os filmes orixinais, ven de anunciar os seus plans para volver realizar as suas própias películas de Godzilla en 2016.
A Toho produciu o seu primeiro filme co destrutor de cidades aló polo 1954 e foi continuado nada menos ca por vintesete secuelas que remataron en 2004 con Gojira: Fainaru Wōzu, anunciada coma a derradeira da saga. Pero agora, grazas aos mais de 500 millóns de dólares recadados pola nova versión de Hollywood nos despachos de billetes de todo o mundo, e grazas asemade aos avances no eido dos gráficos deseñados por computadora, semella mais doado ca nunca producir un filme con garantías de obter benefícios.
A Toho ainda non anunciou un reparto, equipa nin orzamento para o seu filme, pero os plans son entrar en produción o verán que ven.
Ademais, anunciaron tamén a creación da Godzilla Strategic Conference, un comité cuxa misión será a de revitalizar a marca do monstro e prepara-la para un lanzamento mundial antes dos xogos olímpicos de Tóquio en 2020.