A Syfy confirma a série de Krypton

0
283

Ainda que os rumores comezaron aló polo mes de outubro, agora xa é un anúncio oficial: a Warner Horizon Television e mais a DC Comics van-se asociar para producir unha série de televisión que será unha precuela á história de Superman, e esta precuela estará baseada no seu planeta natal, Krypton. A série foi creada polo guionista de Man of Steel, David S. Goyer.

A história, ambientada anos antes da lenda de Superman, comeza cando a Casa dos El foi avergoñada e condeada ao ostracismo. O protagonista será o abó de Kal-El, encargado de traer a esperanza e a igualdade a Krypton.

Goyer e mais Ian Goldberg (FlashForward) escribirán o guión e serán ademais os produtores executivos. Para Goyer, este será o seu terceiro proxecto que sae ao aire na tele, após de Da Vinci’s Demons e Constantine.