Brad Pitt será o protagonista e George Miller o director da nova revisión en formato de ciéncia-ficción do clásico de Homero A Odiseia para a Warner Brothers.
A súa intención é transferir o relato a un entorno futurístico e ambientado no espazo exterior.
A Warner ven proxectando silandeiramente A Odiseia dende hai moito tempo, e sempre quixeron contar con Pitt como estrela protagonista e con Miller na dirección, todo elo baixo a produción da empresa de Pitt, a Plan B.
Pitt interpretou a Aquiles na recente Tróia de Wolfgang Petersen, un éxito nos despachos de billetes que contou cunha adaptación de David Benioff sobre o clásico de Homero A Ilíada.
A Odiseia centrará-se nas aventuras de Ulises Odiseo e a súa longa viaxe a casa despóis de rematar a guerra de Tróia.