Futurama, aberta ao regreso

0
312

A série de debuxos animados de Matt Groening Futurama levou unha vida torboenta: após de 72 episódios na cale FOX, a série foi cancelada, pero reviviu uns anos despois grazas a catro películas que saíron directamente ao mercado de DVD, o que lle fixo merecedora dunha segunda etapa, na Comedy Central, por outros 52 novos capítulos, e así até o seu definitivo remate en setembro do ano apsado.

Pero foi realmente un remate definitivo? Coa aparición dos persoaxes nun episódio especial dos Simpsons este ano, os rumores sobre a segunda resurrección de Futurama disparáron-se na Internet, aínda que a cuestion é quen estaría interesado en se facer cos dereitos do programa.

Katey Sagal, quen interpretaba a Leela, dixo nunha recente entrevista que dada a base de fans, non sería doado deixar morrer á série así sen mais, e ela está de acordo:

Coido que esa série está tan condicionada polos fans que ten senso que alguén se faga cos dereitos… o reparto regresaría de novo e a min non me sorprendería, sabes? É unha série que sempre semella regresar“.

O coprotagonista John DiMaggio, quen interpreta a Bender, está mesmo mais convencido de que a série regresará:

O último episódio rematou do xeito no que rematou e deixou a porta totalmente aberta para que acontezan mais cousas. Se volve á televisión ou a algo coma Netflix ou algo semellante, quen pode sabe-lo? Todo o que sei é que o reparto estaría listo para face-lo decontado“.