Rodríguez dirixe Lume e Xeo

0
362

O director de Sin City, o texano Robert Rodriguez, encargará-se do remake, esta vez con actores reais, do filme de debuxos animados Fire And Ice, que Ralph Bakshi dirixiu en 1983 para a Sony Pictures.

Baseado nos persoaxes que crearon Bakshi e Frank Frazetta, o filme orixinal da Fox utilizou a técnica do rotoscópio, que consitía en rodar escenas con actores de carne e óso e logo trazar os seus contornos por riba deles para converter os seus movementos en debuxos animados.

A história está ambientada nunha vila destruída por un persoaxe malvado xurdido dos xeos, e o único supervivinte xura vingar-se.

Rodriguez leva desenvolvindo bocetos para o guión dende algún tempo xunto a Gary Michael Walters, Matthew Rhodes e Michel Litvak.