A Mosca, secuela no cómic

0
716

O clásico filme de terror e ciéncia-ficción de 1986 de David Cronenberg The Fly vai ter unha secuela, pero será no mundo do cómic.

Brandon Seifert (Hellraiser, Witch Doctor) escribirá o guión dunha minisérie de cinco episódios titulada The Fly: Outbreak, que tratará sobre o fillo case humán de Seth Brundle (Jeff Goldblum) quen está a procurar unha cura para os seus xens mutados.

Cando semella atopar un descobremento, o que conseguirá será que todo o mundo fique exposto aos perigos de se converter en monstro. O debuxante menton3 (Silent Hill, Monocyte) será o encargado de ilustrar o cómic e mais das capas.

Polo que semella deducir-se, o cómic ignorará os feitos narrados na secuela no cinema de 1989, titulada The Fly II, á que Cronenberg non estivo vencellado. Renny Harlin desenvolveu asemade outra secuela, titulada Flies, pero esta nunca chegou a pasar de proxecto, mentres ca os rumores dicían que o mesmo Cronenberg estaría a considerar a posibildiade de facer unha verdadeira secuela, unha que foi tachada de “demasiado radical” polos estudos.