A ITV fará unha série de Beowulf

0
328

O produtor executivo de Strike Back, James Dormer, adaptará o clásico poema anglosaxón Beowulf a unha série de televisión para a canle inglesa ITV.

A série, que contará con trece episódios, xa aprobados pola ITV, está ambientada nas míticas Shieldlands e descríbe-se coma “un western situado na Idade Escura do mítico pasado de Inglaterra“. Tanto os humáns coma as creaturas fantásticas povoarán este mundo que en realidade será o do noroeste de Inglaterra.

Tim Haines (Primeval, Sinbad) e mais Katie Newman (Primeval: New World) serán os produtores executivos, e Stephen Smallwood (Ripper Street, The Day of the Triffids) será o produtor. A rodaxe escomezará no mes de abril, pero polo de agora sen que se saiba quen van ser os protagonistas.