Justin Lin dirixirá Star Trek 3

0
270

A confirmación oficial de que Justin Lin será o director da vindeira entrega de Star Trek, a terceira da nova encarnación, chegou a semana pasada após de meses de conxecturas sobre quen sería finalmente o elixido.

Após de dirixir as catro últimas partes da franquía de Fast and Furious, incluindo a que probábelmente sexa a millor de todas elas, Fast Five, Lin está considerado coma un realizador capaz de manexar grandes orzamentos en filmes de acción e que ao mesmo tempo sexan do gusto do público.

A Paramount, que quere atraer novas audiéncias internacionais ao seu proxecto, decediu a contratación de Lin ao saber que a rodaxe do seu novo filme, The Bourne Betrayal, protagonizado por Jeremy Renner, foi adiada mentres que se tenta procurar un calendário de traballo axeitado no que poidan coincidir Matt Damon e Paul Greengrass.

Lin sustituirá a Roberto Orci, quen decediu abandoar a nave trekkie a princípios de decembro. J.J. Abrams, o director das dúas primeiras entregas, regresará para a terceira parte pero só coma produtor.