Kim Dickens camiñará entre zombis

0
289

A actriz Kim Dickens (Lost) será a coprotagonista feminina xunto a Cliff Curtis no episódio piloto da nova série da AMC xurdida a partir do universo de The Walking Dead.

A história xirará ao redor dun profesor divorciado (Curtis) e unha conselleira escolar (Dickens) cun pasado problemático, e que están a tentar agora a sacar adiante unha relación. Ela ten dous nenos (Frank Dillane e Alycia Debnam Carey) dun matrimónio anterior.

O proxecto seica estará ambientado en Califórnia durante o escomezo do apocalipse zombi que se relata na série orixinal. Dickens fíxo-se co papel após de pasar un longo casting no que a AMC probou unha manchea de posíbeis protagonistas.

Robert Kirkman creou o cómic orixinal no que se basea a série e este spin-off que Adam Davidson dirixirá. Dave Erickson é o co-creador da série.