Miskatonic, outro filme lovecraftián

1066

A compañía independente RadioactiveGiant ven de se facer cos dereitos para desenvolverm producir e distribuír Miskatonic, unha longametraxe inspirada polas obras do mestre do terror H.P. Lovecraft.

Ainda que non é unha adaptación directa de ningunha das súas obras, coma The Call of Cthulhu ou The Shadow Over Innsmouth, este filme será un traballo orixinal baseado nas obras lovecraftiáns en xeral, nas que se mistura a ciéncia-ficción e mais o terror durante o periodo histórico dos anos 20 e 30 do século XX.

Miskatonic é o nome dun río e dunha universidade situados na tamén fictícia vila de Arkham, en Massachusetts. Apareceu por primeira vez no conto Herbert West: Reanimator, pero ao longo da súa obra o nome é reseñado en multitude de ocasións nos seu Mitos de Cthulhu, incluíndo The Dunwich Horror, The Shadow Out of Time, The Dreams in the Witch House, The Whisperer in Darkness e At the Mountains of Madness.

Albert Sandoval será o director a partir dun guión de Devlin Mann e Stephen Dare. Sandoval e Daemon Hillen serán os produtores. A rodaxe há escomezar a finais de 2015.