A precuela de Woman in Black 2

1571

A primeira estrea de 2015 será este mesmo venres The Woman in Black 2: Angel of Death. A secuela do filme sobrenatural está ambientada catro décadas despois dos acontecementos narrados na primeira parte, protagonizada por Daniel Radcliffe, durante a Segunda Guerra Mundial, cando os bombardeos sobre Londres obrigan a un grup ode nenos orfos a se mudar a unha nova casa, emprazada en Eel Marsh.

Alí, a coidadora Eve (Phoebe Fox) comeza a sospeitar que a casa abandoada garda un mistério terrorífico, cando os nenos van desaparecendo ún por ún. Jeremy Irvine interpreta a un piloto que se alista para axudar a descobrir a verdade.

Pero antes de disfroitar do filme nas salas de cinema, podemos ver este adianto en forma de tenebrosos debuxos animados…