Smith nunha comédia de ciéncia-ficción

0
191
Kevin Smith
Kevin Smith

O guionista e director Kevin Smith está a desenvolver unha comédia futurística ambientada no espazo que contará con numerosas referéncias a outros filmes de ciéncia-ficción e tratará sobre a relación entre un pai e o seu fillo. Smith xa tivera algúns achegamentos ao xénero fantásticos nos seus anteriores traballos no cinema pero nunca até agora atrevéra-se cun filme de ciéncia-ficción.

Smith pretende contar cun orzamento de entre 45 e 50 millóns de dólares, o que suporía un récord para o que adoita ter habbitualmente. De novo, el mesmo eserá o produtor xunto ao seu parceiro Scott Mosier por médio da súa empresa, a View Askew.

Harvey e Bob Weinstein, con quen Smith colaborou na meirande parte dos seus filmes, poderían volver a se axuntar con Smith para esta fita. Fontes internas da produción desvelaron que os executivos da Weinstein Co. leron parte do guión e están moi interesados en facer a longametraxe.

Smith ven de rematar o primeiro esbozo do guión, pero o proxecto non sairá adiante até que remate o que ten arestora entre mans, o filme Red State.