Johansson no remake de Ghost In The Shell

1776

A protagonista de Lucy e intérprete de The Avengers Scarlett Johansson ven de chegar a un acordo para se incorporar ao reparto do remake americano do clásico anime xaponés Ghost in the Shell para a DreamWorks.

Esta versión, que será con actores reais, vai sobre un membro dunha unidade secreta da Comisión Nacional de Seguridade Pública xaponesa especializada en loitar contra o crime relacionado coa tecnoloxía.

Johansson recebira unha oferta xa no pasado mes de outubro, pero non foi até o pasado luns cando se soubo que por fin aceptou. Agora terá a oportunidade de traballar con Rupert Sanders, que dirixirá a partir dun guión escrito por Bill Wheeler. Avi Arad e Steven Paul son os produtores.

A Paramount aínda ten a opción de se unir ao proxecto coma co-produtora e finanzadora. Agárda-se que tome unha decisión nas vindeiras semanas.