Christina Ricci marcha ao Alén

0
207
Christina Ricci
Christina Ricci

Christina Ricci e Liam Neeson serán os protagonistas do vindeiro thriller sobrenatural After.Life, que producirán Bill Perkins e mais a Plum Pictures.

Agnieszka Wojtowicz-Vosloo fará o seu debut na dirección a partir dun guión escrito por ela mesma.

After.Life vai sobre unha muller nova que resulta atrapada entre a vida e a morte e un director dun tanatório que seica conta co poder de facer pasar aos mortos entre as dúas existéncias.

O filme, que conta cun documento de renúncia do Sindicato de Actores, comezará a se rodar en novembro na rexión de New York nos Estados Unidos.