Minority Report xa ten o seu piloto

0
312

A Fox ven de lle dar oficialmente a aprobación para facer un episódio piloto a unha nova série de televisión baseada na longametraxe de ciéncia-ficción de 2002 de Steven Spielberg Minority Report.

O guionista de Godzilla, Max Borenstein, fora contratado aló polo mes de setembro para escribir este primeiro episódio, mentres ca Kevin Falls será o showrunner e produtor executivo xunto a Spielberg, Borenstein, Darryl Frank e Justin Falvey.

A série estará ambientada dez anos despois de que se dea fin ao programa de Precrime en Washington D.C. tal e coma se ve no filme orixinal. Agora, un dos Precogs loita por levar unha vida normal, pero continúa a ter visións obsesivas do futuro.

Alí, atopará unha detective angustiada polo seu pasado e que pdoe axudar ao precog a atopar un propósito para as súas habilidades.