Del Toro planea unha série de Carnival Row

0
232

O realizador Guillermo del Toro ven de mudar os seus plans para o seu longamente agardado conto fantástico A Killing on Carnival Row. O proxecto, concebido orixinalmente para ser unha longametraxe, converterá-se nunha série de televisión que desenvolverán conxuntamente a Legendary e mais a Amazon Studios.

Os nomes de Neil Jordan e Tarsem Singh foran vencellados á versión para o cinema con anterioridade, pero daquela os estudos consideraran que o material era demasiado arriscado para aborda-lo. Ambientado nunha cidade escura e victorián onde os humáns, as fadas e outras creaturas coexisten, a história vai sobre un detective que investiga unha série de asasinatos que están a acabar cos seres místicos. Axiña decáta-se de que el mesmo é o principal sospeitoso dos crimes.

Travis Beacham (Pacific Rim), que escribiu o guión da longametraxe orixinal, encargará-se de facer o guión do episódio piloto xunto a Del Toro e Rene Echevarria (Star Trek: The Next Generation). Del Toro dirixirá o episódio piloto, probábelmente en primavera antes de comezar a traballar en Pacific Rim 2.

Del Toro e Gary Ungar serán os produtores executivos, o mesmo papel que desempeñan en The Strain, xunto con Beacham e Echevarria.