O director de Shrek e Chronicles of Narnia, Andrew Adamson, encargará-se de Inherit the Earth para a Sony e mais a Platinum Dunes.
Baseada na série de cómics de Chris Ryall e Ashley Wood Zombies vs. Robots, a história vai sobre un grupo de robots que deben protexer a unha rapaza, que é o derradeiro ser humán da Terra, do perigo dunha banda de zombis intelixentes.
JT Perry escribiu o primeiro guión, e Oren Uziel realizou a revisión mais recente do mesmo. Michael Bay, Brad Fuller, Andrew Form, Dave Alpert e mais Rick Jacobs serán os produtores.