Adéus a Rod Taylor

0
358

O actor australián Rod Taylor, coñecido polos fans polo seu papel protagonista en dous dos grandes clásicos do fantástico, a adaptación de George Pal de The Time Machine e mais o filme de Alfred Hitchcock The Birds, morreu o pasado mércores por mor dun ataque ao corazón en Los Angeles á idade de 84 anos.

Taylor fixo o seu papel de debut coma protagonista no filme The Time Machine en 1960. Após daquela existosa versión do clásico de H.G. Wells, emprestou-lle a súa voz ao can protagonista de 101 Dalmatians da Disney e mais tarde tivo un mais ca salientábel papel noutro clásico do terror fantástico, The Birds.

Ainda que a súa carreira nunca despegou totalmente após deses dous grandes éxitos iniciais, continuou traballando ao longo das seguintes décadas en filmes e na televisión. O seu derradeiro papel foi o de Winston Churchill na longametraxe de Quentin Tarantino Inglourious Basterds.