Groenlándia será unha prisión

0
331

A canle Syfy está a desenvolver un proxecto de série dunha hora de duración titulada 51st State, que a Fox 21 TV Studios e mais a Chernin Entertainment producirán.

A história está ambientada nun futuro próximo cando o governo americano ten que afrontar o seu problema coa povoación de presidiários, polo que deciden mercar a illa de Groenlándia e converte-la nunha colónia carcelária con prisioneiros homes e mulleres vivindo xuntos.

Após de que se decatan de que as promesas de liberdade condicional non se van cumprir, os convitos loitan por se faceren co control da illa e vingar-se. O co-guionista de Dallas Buyers Club Craig Borten escribiu o libreto para esta série, para a que o mesmo Borten, Peter Chernin e Katherine Pope traballarán coma produtores executivos.