Kyle MacLachlan regresa a Twin Peaks

0
327

Kyle MacLachlan regresará ao seu papel de axente especial FBI Dale Cooper na vindeira continuación da clásica série Twin Peaks que está a preparar a canle Showtime.

O Presidente da Showtime, David Nevins, confirmou as novas onte no decurso dunha rolda de prensa coa Asociación de Críticos de Televisión e coa axuda do mesmísimo MacLachlan, quen se uniu a el no escenário pedindo “unha caralluda taza de café“.

MacLachlan tamén dixo: “Estou moi emocionado de regresar ao estraño e marabilloso mundo de Twin Peaks. Que o bosque sexa convosco“. Os creadores da série orixinal e produtores executivos David Lynch e Mark Frost escribirán e producirán a série de nove episódios, que estará ambientada nos nosos tempos.

A produción ten previsto escomezar a finais deste ano coa vista posta nunha estrea que non se producirá até 2016. Lynch, que dirixirá os nove episódios, deu a benvida a MacLachlan cun post no seu Twitter.