Rodrigo Santoro é o novo Xesús Cristo

0
273

O actor brasileiro Rodrigo Santoro (Xerxes en 300) está a negociar facer o papel de Xesús Cristo no vindeiro remake de Ben-Hur que dirixirá o ruso Timur Bekmambetov para a MGM e mais a Paramount.

Jack Huston será o protagonista, no papel do príncipe xudeu traizoado e convertido en escravo por mor do seu antigo amigo Messala (Toby Kebbell). Daquela, deberá loitar por recuperar a súa liberdade e vingar-se.

Ao contrário có filme orixinal, que estaba baseado nunha novela de Lew Wallace, a nova versión tentará ser mais fiel ao libro, no que aparecen escenas de Xesús várias veces. Ben-Hur ve ao lendário deus dos cristiáns predicando en Xerusalem e logo é testemuña da súa crucifixión.

Morgan Freeman, Sofia Black D’Elia e Ayelet Zurer tamén protagonizarán o filme, que comezará a se rodar dentro duns días en escenários de Europa.