A Guerra Mundial Z comeza de novo

1126

A súa produción puido ser problemática, pero o filme de 2013 World War Z foi un éxito mundial, con mais de 500 millóns de dólares recadados nos despachos de billetes. Así pois, non é de estrañar que escomezase decontado a produción dunha segunda parte, con Juan Antonio Bayona (The Orphanage, The Impossible) e mais Steven Knight (Locke, Eastern Promises) como director e guionista respectivamente.

Respeito á súa decisión de aceptar o traballo de escribir a secuela dos zombis, Knight salientou algo abraiante nunha entrevista coa Indiewire: “Coidei, por que non? Que divertido. Non é coma a outra. Imos comezar cunha folla en branco. Cando [os estudos e mais a produtora de Brad PItt, a Plan B] asinen, comezaremos!

O de “folla en branco”, sinifica que a franquía vai recomezar? O filme acadou unhas críticas abondo boas, pero tamén foi obxecto de protestas dos fans porque o seu guión era demasiado diferente ao argumento do libro de Max Brooks no que está baseada. Así que a pregunta é se a secuela tentará ser mais fiel á obra orixinal.

A rodaxe en todo caso está prevista para escomezar no mes de outubro.