Matilda Lutz contra o Anel

0
250

A case descoñecida actriz italiana Matilda Lutz (The Fifth Wheel) será a protagonista feminina de Rings, a secuela ou recomenzo da franquía de terror de The Ring.

Ainda que non existe confirmación oficial, agárda-se que este novo filme manteña a continuidade cos acontecementos narrados nos anteriores filmes de 2002 The Ring e 2005 The Ring 2 no canto de recomezar a franquía. Nombergantes, haberá un reparto totalmente novo, no que non se agarda que participe Naomi Watts.

A história seica irá sobre a atormentada Samara e mais unha fita de vídeo mortal, pero non se coñecen mais detalles sobre o argumento, incluindo o que fará ou será o persoaxe de Matilda Lutz.

O español Francisco Javier Gutiérrez será o director a partir dun guión no que xa interviñeron David Loucka, Jacob Aaron Estes e Akiva Goldsman. Walter F. Parkes e Laurie MacDonald serán os produtores.