Simon West no remake de The Blob

0
303

Simon West (The Expendables 2) será o director da nova versión do clásico do terror e a ciéncia-ficción de 1958 The Blob para a Goldcrest Films.

Un daquela noviño Steve McQueen fora o protagonista do filme orixinal, que ía sobre un extra-terrestre de fasquía xelatinosa que emerxía dun meteoro recén estrelado na Terra. Daquela, comeza a reptar a través dunha vila de Pennsylvania, papando a todo aquel que se pon no seu camiño.

O filme tivo unha secuela en 1972, pero os fans mais novos tan só lembrarán o remake de Chuck Russell que se fixo en 1988. Ainda que aqueles filmes foran unha mistura de efectos especiais clásicos, o novo estará fortemente baseado en efectos xerados por computador. West dixo:

“Cos efectos por computador modernos podemos decatar-nos do auténtico potencial de The Blob. O mundo que creei será totalmente críbel, envolvente e emocionalmente satisfatório. É emocionante presentar unha icona imperecedera a unha audiéncia tan grande e a unha nova era de fans“.

Richard Saperstein e Brian Witten serán os produtores e a rodaxe escomezará este verán.