Simon Pegg coescribirá Star Trek 3

0
365

Nun anúncio algo abraiante, deu-se a coñecer que Simon Pegg será o co-guionista da terceira entrega da franquía de Star Trek que dirixirá o realizador Justin Lin para a Paramount Pictures.

Pegg será responsábel do guión xunto a Doug Jung, creador da série da canle TNT Dark Blue e guionista da vindeira película da Bad Robot Diamond. Ambos sustitúen a Roberto Orci, J.D. Payne e Patrick McKay, quen escribiron os borradores anteriores, que semellan agora descartados após de que Orci decedira abandoar o proxecto.

Pegg é ben recoñecido por ser un actor cómico, pero non é novo no de escribir guións, e así entre os seus créditos podemos atopar (xunto a Edgar Wright) a triloxía formada por Shaun of the Dead, Hot Fuzz e The World’s End, a ademais Run, Fat Boy, Run, este en solitário. O anúncio da súa contratación non sinifica que vaia deixar de facer o seu papel de Scotty, o enxeñeiro xefe da Enterprise, papel que xa fixo nas dúas anteriores entregas da saga.