Grillo nunha de terror

0
251

O protagonista de The Purge: Anarchy e Warrior, o actor neoiorquino Frank Grillo, volverá traballar para a Blumhouse Productions no thriller de Akiva Goldsman Stephanie, que distribuirá a Universal Pictures.

Ben Collins e mais Luke Piotrowski escribiron o guión no que unha rapaza foi abandoada polos seus pais nunha casa afastada. Ao mesmo tempo, unha sinistra forza sobrenatural axexa no trasfondo.

Cando a súa nai e mais o seu pai volvan para recolle-la, o poder maléfico sáe-se de control coa nena no seu centro. Jason Blum e Matthew Kaplan serán os produtores, ainda que non se sabe cando comezará a rodaxe.