A Radar Pictures ven de decidir apoiar a produción do filme de Cameron Romero Origins, unha história sobre a mais salientábel creación de seu pai, o filme orixinal de 1968 Night of the Living Dead. A rodaxe escomezará a finais deste ano.
A história orixinal, de George Romero, ía sobre sete persoas atrapadas nunha granxa rural atacada por zombis, foi rodada en branco e negro e custou 114.000 dólares, pero recadou mais de trinta millóns en todo o mundo, xerando cinco películas mais da mesma série.
O xoven Romero dirixirá un guión que el mesmo co-escribiu xunto a Darrin Reed e Bryce C. Campbell. Os tres serán os produtores xunto a Ted Field e Aldo LaPietra.