Jimmy Olsen cámbia de cór

0
322

O actor negro e antigo modelo de roupa interior Mehcad Brooks (coñecido sobre todo pola súa participación na série de vampiros True Blood) ven de se facer co papel de Jimmy Olsen en Supergirl, a vindeira série de televisión da CBS baseada no popular persoaxe da DC Comics.

Melissa Benoist interpreta ao persoaxe principal, a curmá de Superman Kara Zor-El, nada no planeta Krypton, de cuxa terríbel destrución puido escapar hai anos.

Kara foi recollida por unha família adoptiva que a aprendeu a ter coidado cos seus superpoderes, os mesmos de Superman. Pero cando cumpre 24 anos, unhas forzas sinistras obrígan-a a usar os seus poderes en público, polo que decide facer públicas as súas extraordinárias habilidades.

Nesta versión, Olsen é un fotógrafo na CatCo., onde traballa Kara, e ademáis está namorado dela. Olsen estivo vivindo e traballando en National City, ainda que non se sabe por que razón. Cando Kara aparece coma Supergirl, farán-se mais amigos.

Greg Berlanti e Ali Adler escribirán o guión e serán os produtores executivos desta nova série.