Kevin Spacey será un gato

1211

Kevin Spacey ven de ser confirmado coma novo protagonista da longametraxe de Barry Sonnenfeld Nine Lives que producirán a EuropaCorp e mais a Relativity Media.

Daniel Antoniazzi e Ben Shiffrin escribiron o guión deste filme, no que Spacey interpretará a un home de negócios adito ao traballo que un día sofre un terríbel accidente que lle deixa a mente encerrada dentro do corpo do seu gato.

Polo de agora non hai produtores nin datas de comezo da rodaxe anunciadas para o proxecto. Spacey está a rodar nestes intres Elvis and Nixon, e axiña reaparecerá na televisión na terceira tempada da série da Netflix House of Cards.