Listo o rexurdimento de Stargate

955

Nicolas Wright e James A. Woods están a lle dar os últimos toques ao contrato polo que se comprometerán a escribir o guión do rexurdimento da franquía de Stargate para a MGM e mais a Warner Bros. Pictures.

O filme orixinal ía do descobremento dunha porta dimensional que crea un burato de verme no espazotempo que lles permite a un grupo de militares e científicos acceder a un mundo moi lonxano. Alí, descobren un povo escravizado que son descendentes dos antigos exípcios e que adoran a unha entidade alieníxena á que chaman Ra.

O novo filme será o primeiro dunha triloxía da que o director da película orixinal de 1994, Roland Emmerich, volverá a se encargar. Dean Devlin, quen co-escribiu o guión do filme orixinal xunto a Emmerich, será o produtor.

Wright e Woods xa teñen experiéncia revivindo antigas franquías de ciéncia-ficción dos anos 90. De feito, a parella traballou recentemente con Emmerich no guión da secuela de Independence Day para a 20th Century Fox. O seu boceto foi o que fixo que os estudos decidisen dar-lle luz verde ao proxecto.