O director da saga de Spiderman, Sam Raimi, regresará ás súas raíces no xénero fantástico encargándo-se do filme Drag Me to Hell, un thriller sobrenatural que escribiu xunto co seu irmán Ivan Raimi.
Após Drag Me to Hell, Raimi ten xa apuntado na axenda escomezar con O Hobbit para a New Line e mais a MGM agora que Peter Jackson, que será o produtor executivo dos filmes, xa deixou claro que non será o director.
Drag Me to Hell, un conto con moralexa sobre unha persoa non moi intelixente que recibe un meigallo, comenzará a se producir a primeiros do ano que ven. Estará financiado pola Ghost House, unha empresa que crearon Raimi e Rob Tapert hai anos coa Mandate Pictures.
Raimi e Tapert producirán xunto con Grant Curtis, e Josh Donen será o produtor executivo xunto con Nathan Kahane e Joe Drake, ambos da Mandate.
Tapert dixo que os irmáns Raimi escribiron o guión moito antes da formación da Ghost House. Orixinalmente titulába-se The Curse [O Meigallo] e foi completado xusto despóis de que os irmáns colaboraran no filme de 1992 Army of Darkness [O exército das tebras], que dirixiu Sam Raimi.