Felicity Jones entra no spinoff de Star Wars

0
260

A Disney e mais a Lucasfilm veñen de contratar á actriz (nominada para o Oscar con The Theory of Everything) Felicity Jones para o papel feminino protagonista do primeiro filme spin-off de Star Wars que dirixirá Gareth Edwards en 3D.

Jones obtivo o papel en dura rifa con Rooney Mara e Tatiana Maslany, de feito esta última semellaba case xa asinada a princípios desta mesma semana, pero seica Jones gañou a carreira ao final.

Chris Weitz está a escribir o guión, recollendo o bastón de mans de Gary Whitta, quen escribiu unha primeira versión. Polo de agora non se deron a coñecer detalles sobre o argumento.