Jovovich nas fantasías de George R.R. Martin

0
300

Milla Jovovich está a manter conversas moi avanzadas e Justin Chatwin (War of the Worlds) xa asinou para protagonizaren a aventura fantástica In the Lost Lands, que estará baseada en contos escritos polo autor de Game of Thrones, George R.R. Martin.

O realizador Constantin Werner (The Pagan Queen) será o encargado de dirixir a partir dun guión que el mesmo adaptou. O filme interconectará tres histórias protagonizadas por mulleres nunha soa narración.

A primeira vai sobre a desesperada raíña dunha cidade nas montañas que contrata á bruxa Gray Alys (Jovovich) para que viaxe ao páramo pantasma chamado As Terras Perdidas para obter o don de cambiar de forma e converter-se nun lobishome. O que ela non sabe é que cumprir ese desexo terá un prezo enorme.

A segunda vai sobre a nena guerreira Sharra que debe loitar contra un dragón que é o gardián de sete mundos para se reunir co seu amor perdido Kaydar. De camiño, atopa ao misterioso señor dun castelo deserto que a seduce, sen se decatar de que é o verdadeiro gardián.

A última história é un conto futurista sobre unha xoven rapaza bárbara que é enmeigada por unha bruxa senlleira nunha nave espacial. A bruxa amósa-lle beleza e amor, pero resulta ser unha rede de mentiras e enganos.

Steve Hoban, Oliver Luer e Nico Bruinsma son os produtores. A produción xermano-canadiana rodará-se en Alemaña no último cuatrimestre deste ano.