Zelda será unha série de televisión

0
252

É certo que as adaptacións de videoxogos ao cinema non tiveron moito éxito, pero polo de agora ninguén ousara tentar o mesmo cunha série de televisión.

A Netflix quere facer o experimento de transformar un videoxogo popular nunha série para a pequena pantalla, e para elo veñen de escoller unha das franquías con mais sona de todos os tempos, The Legend of Zelda.

Ainda que o proxecto está nas súas primeiras fases de desenvolvemento, a Netflix quere traballar conxuntamente coa Nintendo, unha empresa que é moi protectora dos seus persoaxes e que de feito autorizou moi poucas adaptacións ao longo dos anos.

En todo caso, a história vai sobre un rapaz normal chamado Link, quen debe salvar á princesa Zelda e ao seu máxico mundo de Hyrule. A série será unha aventura contada en episódios e que incluirán partes de espada e bruxería, pero que en xeral estará dirixida predominantemente a un público infantil.

A Netflix está á procura dun guionista para este proxecto, que ainda está á venda.