J-Law e Pratt, listos para Passengers

0
234

Jennifer Lawrence e mais Chris Pratt están a manter conversas para se unir ao reparto do vindeiro filme de ciéncia-ficción de Morten Tydlum Passengers para a Sony Pictures.

Jon Spaihts (Doctor Strange, Prometheus) escribiu o guión, que está ambientado nunha nave espacial que transporta milleiros de colonos. Após dun fallo que ten lugar nunha das cámaras de soño, un pasaxeiro esperta noventa anos antes que todos os demais.

Enfrontado á perspectiva de ter que medrar e morrer só, decide espertar a un segundo pasaxeiro, dando comezo a unha história de amor única. Os nomes de Keanu Reeves, Reese Witherspoon e Rachel McAdams estiveron vencellados con anterioridade a este proxecto ao longo de diversas fases.

Da parella, a participación de Lawrence é a mais dubidosa, por mor do seu apretado calendário de traballo. Neal Moritz, Ori Marmur, Stephen Hamel e Michael Maher serán os produtores.