A Clarius fai-se co móbil de Stephen King

889

A Clarius Entertainment ven de lle mercar os dereitos de distribución á Benaroya Pictures e á The Genre Company para adaptar ao cinema o thriller de Stephen King Cell. Ao mesmo tempo que fixeron o anúncio, a Clarius tamén deu a coñecer a primeira imaxe do filme, que será estreado a finais deste ano.

Tod ‘Kip’ Williams (Paranormal Activity 2) dirixe esta adaptación, na que un poderoso sinal é emitido por todo o mundo a través de redes de telefonía móbil, facendo que as mentes dos usuários de teléfones sexan reprogramadas instantánea e perigosamente.

Un grupo de supervivintes, liderados por Clay Riddell (John Cusack), diríxe-se a Nova Inglaterra á procura da muller e o fillo de Clay, coa esperanza de derrotar aos sanguentos e hiperconectados “phoners”.

Samuel L. Jackson, Isabelle Fuhrman e Stacy Keach son os outros protagonistas. O mesmo King adaptou o guión a partir da súa novela, e tanto Michael Benaroya coma Richard Saperstein son os produtores.