Astro Boy con actores reais

0
327

A Animal Logic Entertainment e mais a Tezuka Productions van-se asociar para desenvolver unha longametraxe con actores reais que adapte ao cinema a famosa série do anime Astro Boy.

Coñecida sobre todo polo seu traballo no eido dos efectos especiais, a Animal Logic comezou unha división de proxectos cinematográficos aló polo 2007. Entre a súa carteira de proxectos está unha adaptación dos clásicos debuxos animados de Betty Boop.

Polo de agora non hai ningún director vencellado ao proxecto, que está aínda á procura de guionistas. Zareh Nalbandian será o produtor.

O Astro Boy orixinal foi creado a primeiros dos anos 50 por Osamu Tezuka coma manga, e posteriormente foi versionado a série de anime nos anos 70 e 80, gañando axiña fama internacional.

A Imagi Animation tentou adaptar a propiedade ao cinema en 2009 cunha versión que non resultou do agrado do público.