Spiderman volve ao universo Marvel

0
313

Ainda que levaba rumoreándo-se xa meses, o martes fíxo-se oficial que a Sony Pictures Entertainment e mais a Marvel Studios van-se asociar para unir os universos cinematográficos de Spiderman e o da Marvel.

Baixo as cláusulas do acordo, o novo Spiderman aparecerá unha película ainda non especificada da Marvel Studios (probábelmente Captain America: Civil War). A Sony Pictures lanzará posteriormente a seguinte entrega da súa franquía o 28 de xullo de 2017, con Kevin Feige (Marvel) e Amy Pascal (Sony) coma produtores.

O filme tomará unha nova dirección creativa para o persoaxe, pero a Sony Pictures continuará finanzando, distribuindo e tendo o control creativo sobre as películas. A Marvel e mais a Sony tamén explorarán oportunidades para integrar os persoaxes da Marvel (Thor, o Capitán América) nos futuros filmes de Spiderman.

Coma resultado do acordo, moitos filmes deberán modificar as súas datas de estrea. Así, Thor: Ragnarok adiará-se catro meses até o 3 de novembro de 2017. Black Panther adía-se oito meses até o 6 de xullo de 2018, Captain Marvel ten que agardar até o 2 de novembro de 2018 e o filme dos Inhumáns até o 12 de xullo de 2019.

O que moitos afeccionados estaban a se preguntar é se Andrew Gardfield continuaría coma protagonista da saga de Spiderman, dado o seu escaso carisma. E seica a resposta é que non vai regresar e que se vai buscar un novo Peter Parker. Polo de agora, o nome de Dylan O’Brien (The Maze Runner) é o que leva mais mencións.