Neill Blomkamp dirixirá un novo Alien

1140

O que á penas hai unha semana semellaba ser pouco menos ca un rumor disparatado, xa é oficial. O director de District 9 e de Elysium, Neill Blomkamp, fará unha nova película da saga de Alien.

O rumor escomezou hai cousa dun mes cando Blomkamp abraiou a todo o mundo ao publicar deseños e bosquexos para unha secuela da saga de Alien, que concretamente encaixaría xusto despois da segunda entrega, Aliens (1986). Daquela aseguou que os deseños non eran oficiais, pero que con moio gusto aceptaría encargar-se do proxecto.

A pasada semana revelou nunha entrevista que a Fox estaba desexando facer o filme, pero que el mesmo non estaba seguro de querer dirixir un filme para unha produtora tan grande.

E finalmente, hai dous días, publicou unha imaxe no seu Instagram, desvelando todo.

A 20th Century Fox confirmou poucas horas despois as novas xa oficialmente e indicou     que esta sería unha secuela da franquía orixinal Alien, sen relación algunha cos filmes de Prometheus. outras fontes indicaron que Ridley Scott e mais a súa empresa, a Scott Free, producirían o filme, que estará ambientado despois doos acontecementos narrados en Prometheus 2.

Ainda que en días pasados Sigourney Weaver dixo que lle gostaría volver ao persoaxe de Ellen Ripley, polo de agora non está claro se ela ou a tenente estarán nesta nova entrega da franquía.