O piloto de Lucifer

1051

A Fox e mais a Warner Bros. TV veñen de asinar un acordo polo que producirán un episódio piloto dunha nova série de televisión baseada en Lucifer, o persoaxe dos cómics Vertigo creado por Neil Gaiman.

Na série, o anxo caído Lucifer está aburrido e infeliz coma Señor do Inferno, así que renúncia ao seu trono e abandoa o reino a cámbio da bela e brilante loucura de Los Angeles, onde gañará os cartos axudando ao Departamento de Policía a capturar criminosos.

A série semella que terá sobre todo tintes policiacos, o que é un xiro nos acontecementos dende que a propiedade foi mercada aló no pasado mes de setembro.

O director de Underworld e co-creador de Sleepy Hollow, Len Wiseman, dirixirá o episódio piloto e será o produtor executivo da série xunto a Jerry Bruckheimer, Jonathan Littman e mais o creador de Californication, Tom Kapinos. Este último será ademais o show runner.