Tom Ellis é o mesmo Lucifer

0
265

O actor inglés Tom Ellis (Miranda, The Fades) ven de se facer co papel protagonista no episódio piloto de Lucifer, a nova série da Fox baseada nos cómics da Vertigo/DC Comics.

Neil Gaiman creou ao persoaxe coma parte da súa saga de Sandman, e Mike Carey desenvolveu o persoaxe creando unha série spin-off de seu.

No programa da tele, Lucifer está aburrido e infeliz coma señor do Inferno e abandoa o seu reino por un posto detraballo en Los Angeles, onde colaborará co departamento de policía para perseguir aos criminosos.

Tom Kapinos, Jerry Bruckheimer, Jonathan Littman e Len Wiseman son os produtores executivos. Se o episódio piloto ten éxito, a série comezaría a vindeira tempada.