Flash e Arrow teñen novo spin-off

0
260

A canle de televisión The CW está a desenvolver unha terceira série de superheroes da DC Comics ambientada no mesmo universo de The Flash e Arrow.

O proxecto, que polo de agora aínda non ten título, debutará a tempada que ven, terá moitos actores convidados e protagonistas procedentes das outras dúas séries e incorporará a tres persoaxes importantes da DC que polo de agora nunca apareceron en séries de televisión.

Entre os persoaxes que se repartirán entre as tres séries estarán Brandon Routh (Ray Palmer/The Atom) e Caity Lotz (Sara Lance/Canary) de Arrow, e Victor Garber (Dr. Martin Stein/Firestorm) e Wentworth Miller (Leonard Snart/Captain Cold) de The Flash.

Haberá outros persoaxes que tamén cruzarán os seus camiños na nova série, probábelmente a outra metade de Firestorm interpretada por Robbie Amell, xa que esta será unha série de superheroes. De todos os xeitos, non está nada claro como podería aparecer Lotz após do que puidemos ver nesta tempada de Arrow.

Tal e coma acontece con Arrow e The Flash, Greg Berlanti, Andrew Kreisberg e Marc Guggenheim serán os produtores da série.