Smith minimiza a súa comédia de CF

0
164
Kevin Smith
Kevin Smith

Kevin Smith quitou-lle importáncia ás informacións dadas sobre unha suposta comédia de ciéncia-ficción que estaría a preparar, e asegurou que xa mencionara moitas veces antes a súa intención de facer un filme así, polo que non sabe por que agora as axéncias salientan iso coma se fose unha novidade.

Eu nunca dixen que a comédia do espazo sería a miña seguinte película“, dixo Smith nunha entrevista exclusiva o pasado día 19 en Beverly Hills e á que NOVA FANTASIA puido ter acceso. “Xa falara diso anteriormente. Veño falando de que quero facer unha comédia espacial así que para min son novas vellas“.

O proxecto en cuestión non é o decote mencionado Ranger Danger and the Danger Rangers senón un novo inspirado por ter traballado con Seth Rogen en Zack and Miri. Smith asegurou que se Rogen non participase nese filme, non sabe se chegaría face-lo.