Bryan Singer dirixirá unha rebelión

0
317

Bryan Singer será o encargado de dirixir Uprising para a 20th Century Fox, unha adaptación ao cinema da novela The Moon is a Harsh Mistress de 1966 escrita polo mesmo autor de Starship Troopers, Robert A. Heinlein.

A história céntra-se nunha revolta nunha colónia luar contra o governo da Terra, e gañou o prémio Hugo á millor nvoela de 1967.

O produtor executivo de Arrow, Marc Guggenheim, escribirá o guión desta versión, mentres ca Singer, Lloyd Braun e mais Thor Halvorssen serán os produtores.

Esta é a terceira ocasión na que esta novela tenta o seu chimpo á pantalal grande, pero os dous anteriroes non tiveron éxito. En todo caso, Singer terá que poñer este proxecto na axenda, porque o seu novo traballo é X-Men: Apocalypse, que comeza a se rodar o mes que ven.