Collette e Scott loitan contra Krampus

1024

Adam Scott e mais Toni Collette veñen de se unir ao reparto de Krampus, o filme de terror con temática navideña que dirixirá Michael Dougherty para a Legendary Pictures. Dougherty non só dirixirá senón que é o autor do guión xunto a Todd Casey e mais Zach Shields.

O argumento vai sobre unha família que é atacada polo Krampus, un ser procedente da mitoloxía alemá, semellante a Santa Claus pero que castiga aos rapaces que se portaron mal.

Scott interpretará a un pai sempre ausente e adito ao traballo, pero que deberá loitar pola súa família. Collette é a nai que fai como se todo fora perfecto na casa.

Allison Tolman xa fora previamente contratada para facer o papel da cuñada de Collette e Emjay Anthony coma o fillo. A rodaxe escomezará en primavera en Nova Celándia.